Mercar un coche hoxe en día vai moito máis alá de elixir a cor ou os extras. A gran pregunta que escoitamos a diario no Grupo Dunas é: “Que tipo de motor me convén máis?” co boom dos híbridos, eléctricos, gasolina e diésel, tomar a decisión correcta pode salvagardar a economía do teu fogar.
Para non equivocarte, o segredo está en analizar dous factores: cantos quilómetros fas ao ano e por que tipo de estradas te moves. Aquí tes a nosa guía definitiva para decidir en Ribeira.
1. Gasolina: Para traxectos curtos e poucos quilómetros
Se realizas menos de 10.000 ou 15.000 quilómetros ao ano, o motor de gasolina tradicional segue a ser unha opción excelente.
-
📍 O teu percorrido ideal: Traxectos combinados (un pouco de vila por Ribeira e saídas esporádicas pola Autovía do Barbanza).
-
🎯 Por que elixilo: O prezo de compra adoita ser máis económico, os mantementos son sinxelos e non sofren nos traxectos curtos onde o motor non chega a coller temperatura máxima.
2. Diésel: O rei das longas distancias
Malia o que se escoita, o diésel non morreu. É a opción imbatible se superas os 20.000 quilómetros anuais.
-
📍 O teu percorrido ideal: Moita autovía, autoestrada e viaxes longas frecuentes.
-
🎯 Por que elixilo: O consumo en estrada é moi baixo e o custo por quilómetro redúcese notablemente nas longas distancias. Ollo: Se só o usas para ir de compras ou percorridos de 5 minutos, o filtro de partículas sufrirá avarías. O diésel necesita «autoestrada».
3. Híbridos Lixeiros (MHEV) e Híbridos Convencionais (HEV): Os máis versátiles
A opción perfecta para quen busca o mellor dos dous mundos e quere a vantaxe da Etiqueta ECO.
-
📍 O teu percorrido ideal: Moito percorrido urbano e interurbano, con retencións frequentes ou arranques constantes.
-
🎯 Por que elixilos: Aproveitan a enerxía das freadas para recargar unha pequena batería que axuda ao motor térmico. Reducen moito o consumo na vila e son ideais para o día a día na comarca sen depender de enchufes.
4. Híbridos Enchufables (PHEV): A transición perfecta
Teñen unha autonomía eléctrica de entre 40 e 80 km e, cando esta se esgota, funciona o motor de gasolina. Teñen Etiqueta CERO.
-
📍 O teu percorrido ideal: Vas e vés do traballo en eléctrico a diario e tes onde cargalo (na casa ou no traballo), pero as fins de semana realizas viaxes longas sen querer preocuparte de buscar cargadores.
-
🎯 Por que elixilo: Se fas menos de 50 km diarios, o teu gasto en combustible será cero, mantendo a total liberdade para viaxar polas vacacións.
5. 100% Eléctricos (BEV): Eficiencia absoluta e Etiqueta CERO
O coche do futuro que xa está aquí. O custo por quilómetro se cargas na casa é ridículo comparado co combustible.
-
📍 O teu percorrido ideal: Quilometraxe diaria previsible, moito uso urbano/comarcal e punto de recarga vinculado na casa de xeito obrigatorio.
-
🎯 Por que elixilo: Confort de marcha absoluto, cero emisións e un aforro brutal a longo prazo en combustible e mantementos mecánicos.
Ainda tes dúbidas? No Grupo Dunas axudámosche
No Grupo Dunas sabemos que cada condutor é un mundo. Por iso, máis alá das guías, o noso equipo no Polígono de Xarás estuda o teu caso de forma personalizada, sen compromiso, analizando a túa rutina para ofrecerche o coche que realmente che faga aforrar.
Ven visitarnos e atopemos xuntos o teu motor ideal!
