No Barbanza o inverno non trae neve, pero si chuvia, humidade, salitre e noites longas. Son as condicións que máis
castigan o coche. Por iso, entre novembro e decembro, a revisión de inverno é a máis importante do ano. Estas son as
8 cousas que revisamos no taller de Grupo Dunas, en Ribeira, e que ti tamén podes vixiar.
1. A batería
O frío e a humidade baixan a capacidade da batería. Se ten máis de 4 anos ou o motor tarda en arrancar pola mañá, é
hora de medila. No taller facémolo en dous minutos cun comprobador.
2. Os pneumáticos
A profundidade mínima legal é de 1,6 mm, pero con chuvia recoméndase un mínimo de 3 mm. Mira tamén a presión (co
pneumático frío) e a idade: a partir de 5 anos a goma endurece e agarra menos en mollado.
3. As luces
Con máis horas de escuridade, unha lámpada fundida é un risco e unha multa. Revisa curtas, longas, freo, intermitentes
e as antinéboa traseiras.
4. As escobillas e o líquido limpaparabrisas
Se deixan raias ou chian, cámbiaas: custan pouco e notarás a diferenza o primeiro día de chuvia. Enche o depósito cun
líquido con anticonxelante.
5. O refrixerante
Comproba que o nivel está entre o mínimo e o máximo, sempre co motor frío. O anticonxelante perde propiedades cos
anos.
6. Os freos
Co asfalto mollado, a distancia de frenada pode duplicarse. Se notas ruídos, vibracións ou que o pedal vai máis fondo,
pide cita.
7. A calefacción e o desembazado
Un para-brisas embazado é un perigo. Se tarda en desembazar, pode ser o filtro de habitáculo ou o aire acondicionado,
que tamén se usa en inverno para secar o aire.
8. Os baixos e a chapa
O salitre da nosa costa acelera a corrosión. Un lavado de baixos ao comezo do inverno alonga a vida da chapa.
Preguntas frecuentes
¿Canto dura a revisión de inverno? Uns 30 minutos. Podes esperar no noso local.
¿Perdo a garantía se reviso o meu Peugeot ou Kia nun taller que non é oficial? Non por iso, pero a revisión hai
que facela segundo o plan do fabricante. En Grupo Dunas somos Servizo Oficial das dúas marcas, así que queda todo
rexistrado no historial oficial.
¿Facedes a revisión a coches doutras marcas? Si. Somos taller multimarca.
Pide a túa revisión de inverno.
Chámanos ao 981 872 256 ou pásate polo Polígono de Xarás, en Ribeira.
