Comprar un coche de ocasión en Ribeira ou en calquera vila do Barbanza pode ser a mellor decisión para o teu peto… ou un problema se non sabes que mirar. Despois de máis de 30 anos vendendo e reparando coches, estas son as 10 claves que lle daríam os a un amigo.

 

Coches de ocasión en Ribeira: 10 claves | Grupo Dunas

 

 

Antes de ir ver o coche
1. Marca un orzamento total, non só o prezo: suma seguro, imposto de circulación, mantemento e combustible.
2. Elixe segundo o uso real. Se fas menos de 15.000 km ao ano, un gasolina ou un híbrido adoita compensar máis ca
un diésel.
3. Desconfa dos chollos. Un prezo moi por debaixo do mercado ten case sempre unha explicación.

Cando tes o coche diante
1. Pide o historial de mantemento. O libro de revisións ou a factura de cada unha.
2. Comproba os km. Compara o cadro co historial e cos informes da ITV.
3. Mira a ITV e a etiqueta ambiental. Data da próxima ITV e se ten etiqueta C, ECO ou 0.
4. Revisa pneumáticos e freos. Se hai que cambialos axiña, son centos de euros que debes descontar.
5. Fai unha proba de verdade: en frío, con curvas, con freadas e en estrada.

Antes de asinar
1. Garantía por escrito. Un profesional ten que darche un mínimo de 1 ano (12 meses) de garantía legal.
2. Quen o revisou. Non é o mesmo un coche revisado nun taller oficial ca un que só se lavou.

Como o facemos en Grupo Dunas
Cada coche de ocasión pasa polo noso taller oficial antes de saír á venda: puntos de revisión, mantemento ao día, ITV
en vigor e garantía por escrito. E se precisas financiamento, estúdamolo contigo.

Preguntas frecuentes
*¿Aceptades o meu coche como parte do pago? Si, taxamos o teu coche no momento.
*¿Podo reservar un coche? Si, con sinal. Garantímosche que non se lle vende a ninguén máis

Ven ver o noso stock

Mira os coches dispoñibles en https://grupo-dunas.com/ocasion/ ou escríbenos por WhatsApp.

Estamos no Polígono de Xarás, Ribeira.
981 872 256.